URBANISMO

O Concello manterá unha reunión coas asociacións hostaleiras para informar das medidas de prevención de incendios

26/10/2023 O Concello de Santiago, como xa trasladou o departamento de Urbanismo a representantes do sector da hostalaría e do lecer, ten prevista unha xuntanza de carácter informativo para o próximo xoves 2 de novembro destinada a explicar o contido do plan para verificar as medidas de prevención de incendios de locais de lecer nocturno e infantil.

Este plan que vai poñer en marcha o Concello, en colaboración coas asociacións de hostalaría e lecer nocturno, vai servir para comprobar que cumpren as condicións de seguridade nos establecementos en que se desenvolven actividades incluídas no Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público, ante a inquedanza social existente.

Deste xeito, o Concello de Santiago vai realizar estas revisións para corroborar que os establecementos reúnen as condicións de seguridade esixibles para exerceren a actividade de acordo coa normativa.

Compartir: