ALCALDÍA

Recepción ao embaixador de Malta en España

17/10/2023 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o embaixador de Malta en España, Daniel Azzopardi, que veu acompañado polo cónsul honorario de Malta en Galicia, Gabriel Baltar Giraud.

O embaixador foi recibido no Pazo de Raxoi, onde asinou no Libro de Honra en presenza da alcaldesa, da voceira do goberno, Míriam Louzao, do voceiro do grupo municipal socialista, Gonzalo Muiños, e do concelleiro do grupo municipal popular José Antonio Constenla.

Previamente, Daniel Azzopardi, que ocupa o cargo de embaixador de Malta dende agosto de 2020, mantivo unha reunión coa alcaldesa.

Compartir: