ALCALDÍA

Minuto de silencio polas vítimas do incendio de Murcia

02/10/2023 A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio como mostra de pesar polas 13 persoas falecidas no incendio que afectou a varias discotecas de Murcia na madrugada do domingo.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou no acto, ao que tamén se sumaron outros/as integrantes da Corporación e traballadores/as municipais. O minuto pechouse cun aplauso.

O Concello de Santiago pretende con este minuto de silencio trasladar o seu apoio e solidaridade coas vítimas mortais, as súas familias e todas as persoas afectadas polo incendio de Murcia.

Compartir: