ALCALDÍA

Compostela acolle as X Xornadas Españolas de Documentación

09/05/2007 "E-información. Integración e rendibilidade nun entorno dixital" é o lema das "X Xornadas Españolas de Documentación", que se celebran no Palacio de Congresos entre o 9 e o 11 de maio.

A apertura das Xornadas contou coa presenza, entre outros, da ministra de Cultura, Carmen Calvo, e do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo. Tras o acto de inauguración, os participantes dirixíronse a Raxoi, onde foron recibidos por parte da Corporación Municipal.

O evento está promovido pola Federación Española de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística (FESABID). Participan uns 800 profesionais de diversos sectores: empresas, bibliotecas públicas e universitarias, centros de información na administración pública, arquivos, etc., tanto a nivel nacional como internacional.

De xeito paralelo ás Xornadas desenvólvese a feira DOCUMAT. Ofrece os últimos avances relacionados co sector tanto aos participantes como ao público en xeral.

Compartir: