EDUCACIÓN

Mañá abre o prazo de renovación e solicitude de praza para o período lectivo no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes

20/09/2023 Desde mañá, 21 de setembro e ata o 27, todas as familias interesadas poderán presentar a súa solicitude de praza para as tardes do curso 2023/2024 a través da páxina web do Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes.

Os destinatarios deste servizo son os nenos e nenas empadroados ou que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela. O centro dispón dun total de 73 prazas, 20 de 2 a 3 anos, 30 de 4 a 6 anos e 23 de 7 a 12 anos.

O horario lectivo, segundo o calendario escolar aprobado pola Xunta de Galicia para o curso 2023-2024 é polas mañás, venres e sábado de 10.30 h a 13.30 h; e polas tardes, de luns a sábado de 16.00 h a 20.00 h. Tamén hai un horario de atención a familias, os mércores de 16:00 h a 20:00 h e os venres de 10:30 h a 13:30 h.

Durante o prazo de solicitude de praza o centro ofertará xornadas de portas abertas previa inscrición na páxina web do Espazo de Lecer María Miramontes. Todos os servizos ofertados son de balde.

Periodos no lectivos

Os períodos non lectivos (nadal, entroido, semana santa, verán) terán procesos de solicitude de praza independentes nas seguintes datas:

Vaca-Ludos Nadal:
- Solicitude de praza: do 30/10/2023 ao 8/11/2023 (ámbolos dous inclusive).
- Comunicación de prazas: 22/11/2023.
- Confirmación de praza: Do 23/11/2023 ao 30/11/2023.

Vaca-Ludos Entroido:
- Solicitude de praza: Do 02/01/2024 ao 11/01/2024 (ámbolos dous inclusive).
- Comunicación de prazas: 23/01/2024.
- Confirmación de praza: Do 24/01/2023 ao 30/01/2024.

Vaca-Ludos Semana Santa:
- Solicitude de praza: Do 31/01/2024 ao 9/02/2024 (ámbolos dous inclusive).
- Comunicación de prazas: 15/02/2023.
- Confirmación de praza: Do 16/02/2024 ao 22/02/2024.

Vaca-Ludos Verán:
- Solicitude de praza: 15/04/2024 ao 24/04/2024 (ámbolos dous inclusive).
- Comunicación de prazas: 10/05/2024.
- Confirmación de praza: Do 11/05/2024 ao 17/05/2024.

En horario non lectivo o programa do Espazo de Lecer María Miramontes funcionará de luns a venres, de 7:45 h a 15:00 h co obxecto de facilitar a conciliación laboral e familiar.

Inscrición

Todas as persoas que desexen participar nas actividades da Ludoteca (tanto nos períodos lectivos como non lectivos) deben estar dadas de alta no servizo, presentando o formulario ED009 a través da sede electrónica do Concello (Trámite solicitude de alta no espazo educativo e de lecer Maria Miramontes. Deberán cubrir o modelo de solicitude mencionado no que facilitarán a información e documentación correspondente, autorizan a estadía do menor na instalación e aceptan as condicións de funcionamento interno.

Aquelas familias de nenos/as que xa están dados de alta no servizo deben cubrir o formulario de solicitude da páxina web do Espazo de Lecer María Miramontes.

Unha vez realizado este trámite, recibirán comunicación mediante correo electrónico informando sobre o estado da súa solicitude. Se as circunstancias laborais e familiares mudaron dende a data de alta no Espazo Miramontes deberán acreditalo coa documentación actualizada correspondente mediante a súa presentación no Rexistro do Concello.

Durante todo o ano, este espazo está pensado para responder ás necesidades de conciliación das familias. É por iso que o acceso aos seus servizos priorizan aquelas que traballen ou que estean en tránsito do traballo a casa, no horario de apertura do centro. Polo tanto é imprescindible que as familias acrediten fiel e responsablemente as circunstancias laborais na/s quenda/s solicitadas.

Compartir: