ALCALDÍA

O Goberno local de Santiago mantén unha reunión co Goberno da Deputación para analizar proxectos de colaboración

18/09/2023 A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o presidente da Deputación, Valentín Formoso, mantiveron un encontro para facer seguimento dos proxectos de colaboración entre ambas as institucións. Na xuntanza tamén estiveron a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, e o vicepresidente provincial, Xosé Regueira.

Entre os temas tratados, fixeron seguimento de proxectos do POS, o parque comarcal de bombeiros, Compostela Rupestre, o local social da Rocha, o Festival Rosalía de Castro e de convenios asinados da Vía Verde, do Auditorio de Galicia e da Casa da Xuventude, entre outros. Con relación á Casa da Xuventude, o Concello de Santiago presentou propostas de localización alternativas para situar o centro de uso polivalente da Deputación, que nas próximas semanas deberán estudar desde o punto de vista técnico, ao abeiro do acordo de goberno do ente provincial.

Compartir: