ALCALDÍA

Recepción á embaixadora de Croacia en España

14/09/2023 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi á embaixadora de Croacia en España, Nives Malerica.

No marco da súa primeira visita institucional a Santiago, a embaixadora Nives Malerica foi recibida no Pazo de Raxoi, onde asinou no Libro de Honra en presenza da alcaldesa e das/os voceiras/os dos grupos municipais: Míriam Louzao (BNG), María Rozas (CA), Borja Verea (PP) e Gonzalo Muíños (PsdG).

Nives Malerica ocupa o cargo de embaixadora de Croacia en España, desde febreiro de 2019.

Compartir: