MOBILIDADE

O vindeiro luns comezan os horarios de inverno no transporte urbano

07/09/2023 A partir do luns 11 de setembro, ponse en marcha a tempada de inverno nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.

No folleto informativo adxunto pódense consultar os horarios e coñecer todos os cambios. Nos vindeiros días o folleto actualizado estará dispoñible de forma impresa e tamén se realizará a substitución da cartelería nas paradas da cidade.

Para calquera dúbida, os usuarios e usuarias poden dirixirse ao teléfono de información do transporte urbano, 981581815.

Compartir: