EDUCACIÓN E MOCIDADE

Póñense en marcha as II Xornadas Técnicas sobre Educación Viaria

26/05/2005 Durante os días 26 e 27 de maio, o Departamento de Educación e Mocidade organiza varios obradoiros sobre educación viaria, a fin de mellorar a autonomía viaria do persoal dos centros de ensino e da cidadanía en xeral a súa autonomía viaria.

Co fin de promover un espazo de encontro, de formación e de participación e concienciar aos colectivos que traballan no ámbito da educación viaria e a autoprotección, o departamento de Educación e Mocidade do Concello está a organizar as II Xornadas Técnicas de Educación Viaria.

Dirixidas a profesionais dos centros de ensino (pedagogos, terapeutas, orientadores, etcétera), asociacións, colectivos e profesionais de servizos de seguridade (policía local, bombeiros e protección civil, entre outros), as xornadas están impartidas por técnicos da Dirección Xeral de Tráfico na Escola Municipal de Música de Santiago.

Compartir: