CIRCULACIÓN

Novo paso de peóns semafórico e controis de velocidade para San Marcos

07/05/2007 O Goberno local aprobou a instalación e a adxudicación de controis de velocidade de paso e dun paso de peóns regulado por semáforos na travesía de San Marcos. Investiranse 25.666 euros nunha actuación que pretende dotar de maiores condicións de seguridade a esta vía, que transcorre entre un bo número de vivendas en diversos tramos.

Instalarase un paso de peóns regulado por un semáforo accionado por pulsador á altura da conexión da rúa Coto dos Curros coa Avenida de San Marcos. Ademais, habilitaranse equipos de control de velocidade uns 100 metros antes e despois do propio paso de peóns. Finalmente, e a 50 metros dos semáforos, haberá outros de preaviso.

Compartir: