ALCALDÍA

Compostela foi escenario da presentación do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller

05/05/2007 O Palacio de Congresos acolleu a presentación do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller. Centos de cidadáns de diversas partes de Galicia acudiron a este acto.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asisitiu ao acto de presentación, presidido polo titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e pola ministra de Sanidade e Consumo, Elena Salgado, ademais da conselleira de Sanidade, María José Rubio, e do delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras.

Este Plan pretende garantir a igualdade de xénero tamén no ámbito sanitario. Quere facer visibles ás mulleres na recollida e análise de datos, na investigación e na atención á súa saúde. Consta de 32 proxectos de actuación con servizos específicos que se adecuan a todas as mulleres.

Cómpre lembrar que case tres cuartas partes (72,8%) do sistema sanitario son mulleres. O obxectivo do programa é aplicar medidas para conciliar a vida familiar e laboral, mellorar o seu contorno social e impulsar a súa incorporación a postos de responsabilidade.

Compartir: