PARQUES E XARDÍNS

Inaugurada a nova zona recreativa de Lamascal

06/05/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova zona recreativa de Lamascal, actuación para a cal o Concello de Santiago de Compostela destinou 75.000 euros.

A intervención nesta área consistiu na remodelación dos terreos, ademais de axeitalos ao entorno paisaxístico, de maneira que se poidan desenvolver diferentes actividades deportivas, infantís e de lecer.

As obras pormenorizadas consistiron na creación dunha pista multixogo equipada con porterías de futbito e canastras para a práctica do baloncesto. Así mesmo, levouse a cabo a instalación dunha área de xogos infantís e unha de lecer, esta última equipada con mesas de pic-nic, con papeleiras e cunha importante plantación de arboreda.

Tamén se realizaron varias intervencións no campo da festa, consistentes basicamente na mellora do pavimento e outras obras de xardinería. En total, investíronse 75.000 euros.

Compartir: