CENTROS SOCIOCULTURAIS
A exposición súmase ás xa realizadas nos barrios de San Pedro, A Rocha, Villestro e Vite. De xeito paralelo están preparadas diversas actividades, como a proxección de documentais, visitas guiadas e obradoiros.
A inauguración da mostra contou coa actuación das corais polifónicas de Lavacolla e Pontepedriña.
Inauguración no Ensanche dunha nova entrega de "A historia vai por barrios"
04/05/2007 No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición "A historia vai por barrios. O Ensanche". Estará aberta ata o 31 de maio.
A exposición consta duns vinte paneis con textos e imaxes que mostran os principais acontecementos históricos deste barrio. O período abarcado vai dende as primeiras noticias, nos tempos medievais, ata a actualidade. Hai dous tipos de paneis: uns de contido máis cronolóxico e outros de carácter temático. Tamén se amosan outros seis, de menor tamaño, con apuntes concretos e breves.A exposición súmase ás xa realizadas nos barrios de San Pedro, A Rocha, Villestro e Vite. De xeito paralelo están preparadas diversas actividades, como a proxección de documentais, visitas guiadas e obradoiros.
A inauguración da mostra contou coa actuación das corais polifónicas de Lavacolla e Pontepedriña.