OBRAS

O Concello investirá máis de 150 mil euros na mellora da conectividade de Pontepedriña coa construción de dous novos pasos sobre o río Sar

30/04/2023 Enmarcada na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Santiago, a actuación conta cun prazo de execución de 3 meses, creará percorridos que conecten o barrio co tecido urbano e xerará -ou mellorará- os espazos estanciais de Pontepedriña.

O proxecto de mellora da accesibilidade no barrio de Pontepedriña aprobarase o próximo martes en xunta de goberno, e suporá a creación dun novo paso a través do río Sar coa construción de dous novos pasos. Unha actuación que inclúe ademais a pavimentación e axardinamento da zona, así como a eliminación de barreiras arquitectónicas.

A actuación pretende mellorar a accesibilidade e a conectividade da zona con outros barrios da cidade con ese novo paso sobre o río que favorecerá a existencia dun percorrido transversal interno, creando novos itinerarios que terán continuidade no Ensanche e outras sendas como a de Sar.

Serán 158.150 euros os que se investirán neste proxecto que conta cun prazo de execución de tres meses. Apostarase pola eliminación de barreiras para asegurar a accesibilidade de todas as persoas, creando estruturas metálicas de vigas simples apoiadas sobre estribos nos estremos do leito do río, seguindo o modelo das outras pasarelas xa existentes.

Trátase dunha operación vinculada a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Santiago de Compostela (EDUSI - REVIVE COMPOSTELA

Compartir: