MEDIO AMBIENTE

Inaugúrase a nova planta de transferencia de Sogama

25/05/2005 As autoridades presentes no acto de inauguración puideron ver unha pequena demostración práctica do funcionamento das instalacións, que ocupan unha superficie de 8.000 metros cadrados e que supuxeron un investimento de máis de 1,3 millóns de euros.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto ao vicepresidente segundo e conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro e o presidente de Sogama, Jaime Bermúdez Alvite, inauguraron no Parque empresarial de Santiago a nova Planta de transferencia da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), situada no parque empresarial de Santiago.

Na planta de transferencia de Formarís levarase a cabo proximamente o paso previo ao inicio do tratamento de residuos en Cerceda, é dicir, transvasaranse os residuos desde os camións de recollida urbana a uns contedores axeitados para o transporte á planta de Sogama en Cerceda.

A xestión do lixo na cidade pasa así do vertedoiro de Piñor ás novas instalacións de Formaríns, que contan con tres traballadores. Calculase que arredor de 53.000 toneladas de residuos pasarán cada ano pola planta, isto é, unhas cen toneladas ao día.

Unha vez que empece a funcionar a planta de transferencia, o vello vertedoiro do Piñor será selado, do que posteriormente se ocupará a Consellería de Medio Ambiente para convertir nunha zona verde.

Compartir: