EDUCACIÓN

As Escolas Infantís Municipais acollen o XII ciclo de sesións didácticas "Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música"

23/01/2023 O Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música, pon en marcha por duodécimo ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas da rede de escolas infantís do Concello de Santiago.

Como noutras ocasións, está prevista a participación das Escolas Infantís de Conxo, As Fontiñas, Meixonfrío-Salgueriños, San Roque, Tambre, Castiñeiriño e Tras-Parlamento nesta proposta educativa que leva por título "Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM".

En cada sesión, cunha duración de 25-30 minutos, o profesorado da EMM visita as escolas infantís para contar un conto con música. Tamén se traballan outros aspectos como a altura das notas ou o ritmo, e os cativos e cativas teñen a oportunidade de escoitar en directo diferente tipos de instrumentos musicais.

Programa

As primeiras sesións terán lugar o martes, 24 de xaneiro:

10:00 h - Escola Infantil Municipal de Conxo: Bleuenn Le Friec (arpa) e Tamara Soto (clarinete).

10:30 h - Escola Infantil Municipal de Meixonfrío-Salgueiriños: Antonio Ocampo (percusión) e Beatriz Busto (narradora).

11:15 h - Escola Infantil Municipal das Fontiñas: Bleuenn Le Friec (arpa) e Tamara Soto (clarinete).

11:30h - Escola Infantil do Tambre: Antonio Ocampo (percusión) e Beatriz Busto (narradora).

O ciclo continuará o vindeiro 31 de xaneiro coas seguintes sesións:

10:00 h - Escola Infantil de San Roque: Bleuenn Le Friec (arpa) e Tamara Soto (clarinete).

11:15 h - Escola Infantil de Tras-Parlamento: Bleuenn Le Friec (arpa) e Tamara Soto (clarinete).

11:30 h - Escola Infantil de Castiñeiriño: Antonio Ocampo (percusión) e Beatriz Busto (narradora).

Compartir: