ALCALDÍA
Con esta actuación preténdese ademais crear un espazo de concienciación e divulgación ambiental, nun entorno con árbores centenarias entre as que destaca o carballo de Conxo.
Outros proxectos para o barrio
Nesa reunión cos veciños de Conxo, na que tamén participaron os xefes de obras, urbanismo e planeamento, presentóuselles o proxecto de mellora e remodelación tanto do espazo de Antonio Fraguas como o da Praza da Nosa Señora da Mercé.
Sobre o primeiro, o proxecto de mellora da conectividade no barrio co que se pretende resolver a conexión entre as dúas partes de Conxo, o obxectivo é sacalo a licitación o antes posible, segundo explicou o alcalde. Nunha primeira fase, arrancarase no Campo de Conxo, e continuarase cara a rotonda da SC-20, creando enfronte, ese Espazo Antonio Fraguas, dando lugar a unha área "verde e amable destinada ao desfrute da cidadanía".
O que xa está en marcha é a senda peonil que transcorrerá ao carón de todo o río Sar, desde as Fontes do Sar, desde o nacemento do Sar no Polígono da Sionlla, ata Vidán. Ademais, no encontro, os veciños aproveitaron para amosar o seu rexeitamento a que o carril bici proxectado pola Xunta de Galicia transcorra polo bosque do Banquete, tendo en conta o impacto medioambiental que iso tería.
O secretario de Estado de Medio Ambiente presentará xunto ao alcalde o proxecto de recuperación natural e medioambiental do bosque do Banquete de Conxo o 3 de febreiro
21/01/2023 Nun encontro cos veciños de Conxo, o alcalde adiantou que a partir desta visita na primeira semana do mes de febreiro, porase en marcha esta actuación que conta con fondos europeos: 877.420 euros procedentes dos Fondos Next Generation.
O proxecto denominado "Restauración do ecosistema fluvial e creación dun bosque de saúde no río Sar, ao seu paso polo Banquete de Conxo" ten como obxectivo a creación dun bosque biosaudable ao carón do río, impulsando a recuperación ambiental dunha zona "cun gran patrimonio natural e histórico" destacou o alcalde.Con esta actuación preténdese ademais crear un espazo de concienciación e divulgación ambiental, nun entorno con árbores centenarias entre as que destaca o carballo de Conxo.