ALCALDÍA
O deseño da xeometría de selado establécese sobre as seguintes bases:
- Acceso. Manterase o actual acceso ao vertedoiro a través da pista situada ao sur do vertedoiro e que comunica coa pista perimetral do mesmo.
- Noiros. O noiro final de proxecto será como máximo do 50%. Entre berma e berma non terán de desenvolvemento, en sentido de máxima pendente, máis de 22,5 metros con altura entre bermas igual ou menor a 10 metros.
- Bermas e pistas. Deséñanse bermas de 8 metros de ancho con pendente do 2% en sentido transversal cara ao interior do vertedoiro e cunha pendente aproximadamente entre o 5 e o 10% en sentido lonxitudinal.
- Copete. Proxéctase deixar unha pequena chaira lonxitudinal que permita a manobra de maquinaria pesada e as operacións de selaxe, con pendente dun 2% en sentido noroeste.
- Superficie. A superficie real do selado é de 42.552 m2."
No proxecto empregarase un paquete de xeosintéticos, colocados encima do residuo formado por xeotéxtil, PEAD xeored, de abaixo a arriba, respectivamente.
Na base estará a capa de xeotéxtil de polipropileno de 300 g/m2 de densidade, sobre o residuo debidamente regularizado, coa misión principal de protexer a xeomembrana de PEAD.
A continuación colocarase esta xeomembrana de polietileno de alta densidade PEAD (HDPE) de 2 mm de espesor, con texturizado en ámbalas caras. E despois unha capa de xeodren, formado por unha xeorred tridimensional de PEAD de 5 mm de espesor, con 2 xeotéxtiles de 120 g/m2 , coa función de drenar a auga que chega desde a parte superior á membrana de PEAD e, ao mesmo tempo, protexela.
E por último, botarase unha capa de terra vexetal seleccionada, duns 50 cm., co obxecto de contribuir a revexetación da zona con catro especies de herbas e dúas leguminosas.
O sistema de desgasificación estará formado por pozos dun metro de diámetro recheos de material horfítico limpo e conectados ao exterior con chimeneas de venteo. Dispón dun radio de acción de 37,5 metros cun total de 18 chimeneas de desgasificación, segundo se explica no proxecto.
O alcalde amosa a súa satisfacción polo selado do vertedoiro de Miramontes
29/12/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou hoxe que o peche do vertedoiro de Miramontes "era algo anunciado" polo Goberno municipal, xa hai aproximadamente medio ano. Daquela, sinalou, "informouse de que era necesario completar o nivel para poder proceder a ese selado. Vanse cumprindo os prazos e creo que todos debemos estar satisfeitos de que se poña fin a esa actividade".
Este cese da actividade faríase, explicou, "cun proceso de recuperación medio ambiental que permita recuperar a imaxe do antigo monte. Eu espero que non volva abrir nin se volva autorizar unha actividade deste tipo na contorna de Santiago".O deseño da xeometría de selado establécese sobre as seguintes bases: