ALCALDÍA
Agora, logo de recibir os pertinentes informes da asesoría xurídica e do departamento de urbanismo, e ante o recurso que xa presentou a propietaria da gasolineira, a hipótese coa que se traballaba, de que a sentenza fora firme e se fixese efectiva queda descartada.
"A nós nos parecía unha hipótese aceptable que o procedemento quedara pechado" insiste o alcalde mais, toda vez que isto non vai a ser así "non nos queda máis remedio que acudirnos porque tamén é o que nos indican os informes xurídicos que temos recadado".
Un preito polas competencias profesionais entre enxeñeiros e arquitectos
A sentenza é froito dun litixio entre o Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), no que non tomaron parte os veciños da urbanización.
O concello admitira o proxecto porque contaba co visado do COAG e con todos os informes técnicos favorables mais, agora, o maxistrado dáballe a razón ao ICOIIG, censurando que o proxecto complementario estivera elaborado por un enxeñeiro técnico, en lugar dun enxeñeiro industrial superior que é "o único técnico competente para elaborar un proxecto de construción e posta en funcionamento dunha estación de subministro de combustible".
Esta cuestión está a abrir un debate competencial polo que, segundo avanzou o alcalde "non é descartable que outras institucións representantes de colectivos profesionais que se vexan prexudicados por esta definición de competencias emprendan accións legais" algo que, levará a que o procedemento dilate o seu peche.
Os informes xurídicos obrigan ao Concello a recorrer a sentenza que anulaba a licenza de obras da gasolineira de Brandía
02/12/2022 "Os informes xurídicos recadados polo Concello non nos permiten tomar outra decisión" explica o alcalde, Sánchez Bugallo que insiste en que a "posición política do goberno local sempre foi contraria á construción desa gasolineira e a nosa vontade era evitar un recurso" pero sabendo que a propiedade xa recorreu e tendo "motivos para pensar que vai a haber máis recursos a única opción razoable que quedaba enriba da mesa era presentar este recurso que teríamos preferido evitar". Sánchez Bugallo deixa claro que a intención inicial era que a sentenza adquirira fixeza "pero toda vez que a empresa promotora xa presentou recurso, esa hipótese está descartada".
O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela ditara unha sentenza pola que, a instancia do Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia anulaba a licenza de obras que o Concello concedeu a Carburantes Lugo S.L. para construír un edificio comercial e unha unidade de subministro de carburantes en Brandía. A decisión xudicial, froito dun preito polas competencias profesionais para elaborar proxectos de gasolineiras, abría a porta para poder paralizar a apertura dunha gasolineira que "nunca contou co favor do equipo de goberno, motivo polo que nun inicio se descartaba este recurso".Agora, logo de recibir os pertinentes informes da asesoría xurídica e do departamento de urbanismo, e ante o recurso que xa presentou a propietaria da gasolineira, a hipótese coa que se traballaba, de que a sentenza fora firme e se fixese efectiva queda descartada.