CENTROS SOCIOCULTURAIS

O luns, día 14, ábrese o prazo de inscrición no programa Cativadas de Nadal que nesta edición conta con 185 prazas de conciliación

12/11/2022 O luns, 14 de novembro ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación Cativadas de Nadal que se vai desenvolver na rede de Centros Socioculturais durante as vacacións de Nadal no marco de Vive o Nadal 2022. Este ano ofértanse 185 prazas,110 nos centros urbanos e 75 nos do rural, das que se poden beneficiar todos os nenos e nenas empadroados en Santiago.

As actividades desenvolveránse en nove centros Socioculturais, entre urbanos e rurais; os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro; e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro en horario de 10:00 h 14:00 h, con posiblidade de solicitar unha ampliación na franxa horaria que vai de 8:00 h a 15:00 h, para, segundo explicou o concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, facilitar a conciliación ás familias compostelás.

O programa de actividades é de balde, e como noutras edicións terá un carácter educativo, lúdico e convivencial. Traballaranse temáticas concretas en cada centro sociocultural. No de Conxo (20 prazas para menores de 5 a 12 anos) estará a cativada circense. Nos Centros Socioculturais das Fontiñas (20 prazas para menores de 5 a 10 anos), do Castiñeiriño (10 prazas para menores de 5 a 12 anos) e da Gracia (25 prazas para menores nados entre 2010 e 2017) estará
Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dunha actividade na mesma convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.a cativada creativa. Nos de Pontepedriña (15 prazas para menores de 5 a 12 anos) e no de Santa Marta (25 prazas para menores de 4 a 8 anos), a teatreira. No CSC de Vite (20 prazas para menores de 4 a 8 anos), estará a cativada cociñeira. No CSC de Marrozos (25 prazas para menores nados entre 2010 e 2017) a deportiva. E, por último, e no CSC de Figueiras (25 prazas para menores nados entre 2010 e 2017), a cativada máxica.

Todas estas actividades estarán dirixidas por un equipo técnico de persoal especializado en educación, animación e actividades de tempo libre. Ademais, para que se desenvolvan, ten que haber un mínimo de 50% de persoas anotadas en cada espazo.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 27 de novembro ás 23:59 h. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dunha actividade na mesma convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.

Presentación solicitudes
As persoas que presenten unha solicitude de praza, deben utilizar o formulario CC002 de inscrición nas actividades dos Centros Socioculturais, que poden descargar ao final desta noticia, e presentalo no prazo indicado, mediante a sede electrónica do Concello de Santiago ou presencialmente nos CSC.
No caso de varios irmáns cada un cubrirá unha solicitude. Deberase incluír en cada solicitude no recadro "Nome e apelido dos familiares participantes" o nome do irmán ou irmáns que tamén soliciten praza no mesmo espazo, para contar no caso de sorteo, cun único número de participación por familia.

A adxudicación poder ser directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles ou por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

Na tarde do 30 de novembro está prevista a publicacion de solicitudes, establecéndose un prazo, ata o 1 de decembro ás 14:00 h para a reclamación de erros. O sorteo, se procede, terá lugar o 2 de decembro ás 12:00 h no CSC de Santa Marta. En canto á publicación de listas de persoas admitidas e entrega de documentación ás familias establécese entre o 5 e o 16 de decembro.

Compartir: