PROMOCIÓN ECONÓMICA

Xa están abertas as inscricións en todas as actividades do Talentia Summit 2022

10/11/2022 A maior feira virtual de talento e emprego, Talentia Summit 2022, abre desde hoxe o prazo para reservar unha das 15.000 prazas dispoñibles na ampla oferta de actividades. A feira virtual estará aberta desde o 14 ata o 18 de novembro, con une elevado número de empresas activas, e miles de prazas gratuítas en formación online dispoñibles a golpe de click. Unha aposta por potenciar o talento local que foi presentada esta mañá polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo responsable do Departamento de Emprego, Javier Ferreiro.

Tras unha exitosa edición no 2021 que congregou a máis de 50.000 participantes, Talentia Summit regresa cun formato híbrido que combinará a feira virtual entre o 14 e o 18 de novembro e un foro presencial que terá lugar o 24 deste mes na Cidade da Cultura.

Talentia reúne a miles de persoas para desenvolver as súas habilidades, formar e certificar as súas competencias mediante un amplo catálogo de actividades gratuítas. E sobre todo, permite conectar de forma áxil e sinxela cunha gran rede de empresas e organizacións que buscan atraer talento.

O obxectivo é propiciar a creación de contornas innovadoras que potencien e poñan en valor o talento, impulsando así o emprego de calidade co fin de fortalecer o benestar e o desenvolvemento económico da nosa comunidade.

Programación

Desde hoxe se poñen á disposición de todas as persoas interesadas, as máis de 15.000 prazas en diferentes actividades ofertadas: sesión de formación online en aula virtual en directo, sesión de formación online por libre, certificacións oficiais en habilidades dixitais e idiomas, sesións con mentores ou webinars.

Durante a celebración do evento, todos aqueles que o desexen tamén poderá inscribirse nas entrevistas online coas empresas para optar a algunha das máis das 450 vacantes ofertadas.

A maior feira de talento e emprego estatal presenta unha ampla proposta de formación, ofertas laborais e unidade de desenvolvemento profesional que xa está publicada na web web talentiasummit.com.

Foro Talentia
No marco do evento, o 24 de novembro terá lugar en formato presencial o Foro Talentia no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. Trátase dun dun espazo para a reflexión que, como cada ano, contará coa participación de importantes empresarios/as e destacados profesionais especializados en diversas disciplinas como ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, matemáticas, educación, márketing, recursos humanos e economía.

Tampouco faltarán as artes escénicas e o talento artístico para dar unha nota de cor, e do mesmo xeito que en pasadas edicións, tamén será difundido en tempo real mediante streaming.

Direccións relacionadas



Compartir: