CENTROS SOCIOCULTURAIS

Fontiñas celebrará por todo o alto a súa IV Semana Cultural

24/05/2005 Desde o 30 de maio ao 4 de xuño, o Centro Sociocultural das Fontiñas programa múltiples actividades dentro da súa IV Semana Cultural, que se abrirá cun concerto de Kamelamos Guinar.

Un concerto do grupo "Kamelamos Guinar" con Marcos Teira e Teresa Sayas abrirá a IV Semana Cultural das Fontiñas, xornadas que darán comezo o luns 30 de maio ás 19 horas, logo da presentación a cargo da concelleira delegada de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón Ferreiro.

Durante toda a semana, os visitantes poderán contemplar no Centros Sociocultural das Fontiñas dúas exposicións, unha fotográfica "Rexistro de imaxes", con traballos de fotoxornalistas sobre Santiago, e outra filatélica, con selos cedidos polo presidente da Asociación Filatélica de Santiago, José Guitian.

Desde o martes 31 ao sábado 4, haberá teatro, talleres de expresión corporal e creatividade, obradoiros de música, de danza, de confección de abalorios, concertos, monicreques, charlas, xogos, baile e outras moitas actividades.

Compartir: