ALCALDÍA

Receptividade da secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, aos asuntos tratados hoxe na reunión co alcalde Sánchez Bugallo

23/09/2022 As alegacións sobre o orbitaliño, o orbital, os accesos ao polígono do novo Milladoiro e o incremento de prazas de aparcamento na nova estación de tren foron os asuntos que o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, tratou hoxe coa secretaria de Estado de Transportes. Isabel Pardo de Vera amosou a súa "plena receptividade" a todas demandas plantexadas.

En relación ao orbitaliño, o rexedor explicoulle a Pardo de Vera o contido desas alegacións insistindo en que "se avalíe a viabilidade da proposta" formulada pola veciñanza para que a rotonda interior se convirta nunha rotonda a nivel e se traslade arriba". "Se iso é viable, funcional e técnicamente posible", engadiu, "a nós pareceríanos aceptable". En canto á rotonda de abaixo, de non ser viable a primeira opción o que plantexa o Goberno Municipal é "que se mellore significativamente a integración paisaxística e a integración coa aldea de Formarís".

Tamén lle plantexou a Pardo de Vera, "a continuidade do vial do Polígono da Sionlla que actualmente pasa por detrás do que sería o SUD 37.3 e do polígono residencial de Formarís que actualmente é unha pista". Sánchez Bugallo demandou que "esa pista se convirta nunha vía de aló menos 10 metros de ancho, operativa tanto para vehículos como para peóns".

Respecto do orbital, para Sánchez Bugallo debe cumprirse o antes posible o acordado co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, en relación ao vial de conexión para a veciñanza da aldea do Castro". O alcalde pide que, tal e como estaba previsto "se active a construción dese vial, porque a obra vai avanzando e é urxente que vaia aidante".

Sobre o terceiro tema, o acceso ao Polígono do Novo Milladoiro, o alcalde plantexou á secretaria de Estado que debe garantirse a conectividade "tanto de entrada como de saída para os veciños do Porto".

E en relación á terminal de viaxeiros, outro dos asuntos tratados, o alcalde solicitou que "se revisen novamente" o número de prazas de estacionamento; e pediu ao Ministerio que avalíe "tecnicamente" a posiblidade de incrementalas facendo un aparcamento na parte de atrás da estación, aproveitando o desnivel coa Avenida de Lugo. Recordou que o Concello de Santiago xa formulara alegacións sinalando que o número de prazas "era insuficiente".

Neste encontro entre Sánchez Bugallo e Pardo de Vera, mantido antes da visita ás obras da estación ferroviaria, tamén participaron o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel.

Compartir: