INFRAESTRUTURAS

Case 600.000 euros para melloras do firme en dúas estradas

23/04/2007 O Goberno local parobou o Plan de Cooperación Provincial 2007, polo que a Deputación da Coruña achegará 591.073 euros para dúas obras de reforzo do firme. En concreto, intervirase na vía pública M-8-IV (Vilar-Grixoa), con 251.803 euros, e na R-5-III-B (Son de Abaixo-Marzo de Abaixo), cun investimento de 339.269 euros.

Tamén se ratificou o Plan complementario para o mesmo ano 2007. Neste caso, investiranse 119.803 euros nunha nova capa de rodadura en Rebordaos-Son de Abaixo. Esta obra financiaríase cos remanentes que puideran quedar polas biaxas de licitación ou pola súa anulación.

Parque Carlos Magnum

Entre os acordos da Xunta de Goberno estivo tamén a adxudicación do suministro de mobiliario para o parque Carlos Magnum de Fontiñas, por un importe de 29.148 euros. O prazo de execución é de dous meses.

Compartir: