EDUCACIÓN

Uns 180 rapaces de 6 a 15 anos participarán nunha nova edición da Escola de Verán de Inglés

23/04/2007 A Xunta de Goberno deu o visto bo a foi a aprobación do prego e do inicio do expediente de contratación do servizo de desenvolvemento da Escola de Verán de Inglés para os escolares de Santiago. Esta actividade desenvolverase do 2 ao 31 de xullo e poderán participar nenos e nenas de 6 a 15 anos.

O curso realizarase no IES Rosalía de Castro, en horario de 8:30 a 14:00 horas. O prezo da actividade será de 150 euros para o mes completo, e de 90 euros no caso da quincena. Está prevista a participación de 180 rapaces. O custo da Escola será de 34.300 euros.

Subvencións para actividades educativas

O Goberno local tamén ratificou un orzamento de 40.000 euros para a convocatoria de subvencións destinadas ao fomento de actividades educativas e para a mocidade de carácter puntual.

Asociacións, movementos de renovación pedagóxica, colectivos relacionados coa educación, así como entidades de promoción do tempo libre e da participación da xuventude poderán beneficiarse da convocatoria. As axudas pretenden ser un mecanismo de dinamización das organizacións que desenvolven iniciativas educativas e para a mocidade dirixidas á poboación compostelá.

Compartir: