ALCALDÍA

Visita en Raxoi do xuíz de menores Emilio Calatayud

20/04/2007 O alcalde recibiu en Raxoi a Emilio Calatayud, xuíz titular do Xulgado de Menores número 1 de Granada, moi coñecido polas súas sentenzas educativas e rehabilitadoras. A aplicación da Lei do menor e a necesidade de explicala axeitadamente foi un dos temas dos que falaron nesta xuntanza.

Emilio Calatayud estaban en Santiago para participar precisamente nunha charla sobre os dereitos e deberes dos novos no ámbito da Lei do Menor. A conferencia foi organizada pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes e dirixida a alumnos de 3º e 4º da ESO de varios centros composteláns. O material desta intervención converterase en material didáctico.

Compartir: