FESTAS

Un ano máis chega o ‘Cinema no parque’ a Compostela

23/07/2022 O parque Eugenio Granell acollerá desde o día 26 ata o 31 de xullo un novo ciclo de cine ao aire libre, cunha dobre sesión diaria para público infantil e adulto. Trátase do segundo ano en que o Concello organiza este cita cultural en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI).

O Concello de Santiago ofrecerá unha escolma de filmes dirixidos tanto ao público infantil como ao adulto. A entrada será de balde ata completar aforo, e a diferencia do ano pasado, nesta ocasión non será necesario reservar entrada.

Haberá dous pases diarios, un ás 19:00 h, para o público infantil e outro ás 22:00 h. O programa completo pode consultarse na web Cinemanoparque.

Os pases das proxeccións terán lugar no Parque Eugenio Granell na seguinte ubicación. As coordenadas son 42.86615096741548, -8.54474767236385.

Programación

Martes, 26 de xullo:
19:00 h ‘Trasto’ / 22:00 h ‘Cuñados’

Mércores, 27 de xullo:
19:00 h ‘O xinete do dragón’ / 22:00 h ‘A virxe roxa’

Xoves, 28 de xullo:
19:00 h ‘O Principiño’ / 22:00 h ‘Tres’

Venres, 29 de xullo:
19:00 h ‘Mironins’ / 22:00 h ‘9 Fugas’

Sábado, 30 de xullo:
19:00 h ‘Valentina’ / 22:00 h ‘O gran camiño’

Domingo, 31 de xullo:
19:00 h ‘Zapatos roxos e os sete trolls’ / 22:00 h ‘Malencolía’

Direccións relacionadas



Compartir: