ALCALDÍA

O alcalde recibiu ao novo responsable da residencia militar "Teniente General Barroso"

19/04/2007 Dende principios do mes de marzo, a residencia militar de acción social de estudantes "Teniente General Barroso" conta cun novo responsable, o coronel Manuel García Vilamea. O alcalde compostelán recibiuno en Raxoi e amosou a dispoñibilidade municipal para seguir colaborando con este complexo.

Esta residencia mixta está situada no número 13 da Avenida de Lugo e conta con preto de 200 prazas. Vinculada á Universidade, realiza unha importante labor entre os colexios maiores.

Compartir: