TURISMO

Santiago promociónase en Milán e Roma como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos

11/07/2022 O Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), servizo de Turismo de Santiago para a promoción de Santiago como destino de Congresos, participou a semana pasada nunhas xornadas de promoción celebradas en Milán e Roma destinadas ao segmento MICE, de Congresos, Xornadas, Eventos e Incentivos.

Nestas xornadas de promoción participaron 75 das empresas e axencias italianas máis importantes do sector, que puideron coñecer de primeira man a oferta das trece cidades españolas participantes no encontro, entre as que se atopaba Santiago de Compostela, representadas polos seus respectivos Convention Bureau.

As xornadas comeron cunha presentación xeral de España como destino MICE, seguida por presentacións individuais de cada un dos destinos participantes. A continuación desenvolvéronse obradoiros de traballo onde os destinos participantes tiveron a oportunidade de manter reunións de traballo coa empresas e axencias italianas.
Ademais, o SCCB sorteou unha entadía en Santiago de Compostela para unha axencia de Milán e outra de Roma, ofrecendo así a oportunidade de que coñezan de primeira man a oferta y e as características singulares de Santiago como destino MICE.
Esta acción do SCCB cara o mercado italiano súmase ás que se fixeron no mes de xuño dirixidas aos mercados belga e holandés. Ademais, esta promoción internacional compleméntase coa participación, tamén en xuño, no Iberian Mice Forum, un encontro no que se reunen os principais representantes tanto da oferta como da demanda deste segmento de mercado adicado á organización de eventos corporativos en España.

A participación do SCCB nestes encontros enmárcase na estratexia de Turismo de Santiago de continuar co posicionamento de Compostela como un destino ideal para que empresas e entidades organicen os seus eventos na cidade, xa que se trata dun nicho de mercado que aporta un alto valor engadido polo elevado gasto medio dos participantes neste tipo de eventos e fomenta a desestacionalización.

Compartir: