XUNTA DE GOBERNO

23 entidades de Santiago beneficiaranse das axudas para actividades culturais do sector profesional

11/07/2022 A Xunta de Goberno Local deu hoxe o visto bó á xustificación das "Axudas para actividades culturais do sector profesional". Son 23 as entidades culturais que se beneficiarán de 413.565,22 euros, que se reparten en función da subvención solicitada e do importe xustificado.

Estas axudas teñen como obxectivo o fomento das actividades organizadas polas persoas e entidades do Concello de Santiago adicadas profesionalmente á produción cultural e artística. A contía máxima por solicitude era de 35.000 euros, non podendo exceder a subvención do 80% do orzamento da actividade.

Establecéronse como actividades subvencionables todas aquelas que tiveran un carácter cultural, que se executaran no termo municipal de Compostela, que foran abertas o público e que beneficiaran a colectividades xenéricas de persoas.

Tamén se aprobou parcialmente a xustificación do convenio de colaboración asinado o 28 de Xullo de 2021 entre o Concello de Santiago e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (FEAFES) para o ano 2021, cunha contía 59.614,44 euros.

Deuse conta, ademais, da sinatura do convenio entre o Concello de Santiago e a Asociación Correlingua por 2.500 euros que se destinaron a actividade "Correlingua en Compostela 2022", unha actividades que ten por obxectivo dinamizar o uso da lingua nos centros educativos galegos.

Compartir: