MOBILIDADE

O venres 1 de xullo comeza o horario de verán na rede de transporte público de Santiago

30/06/2022 Este vindeiro venres, 1 de xullo, entrarán en vigor os horarios da temporada de verán no transporte urbano.

As liñas recuperan os horarios de verán coas reducións habituais desta temporada. Nesta tempada, reforzaranse os servizos da liña 6 – 6A nos sábados, domingos e festivos.

Nos vindeiros días estarán disponibles nos autobuses a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e realizarase a substitución da cartelería nas paradas da cidade.

No documento adxunto poden consultar os horarios e frecuencias por liña.

Documentos relacionados



Compartir: