ALCALDÍA

Unha proba atlética xuntará en Santiago a uns 500 empregados de Correos

18/04/2007 Santiago será a sede o 3 de maio dunha singular proba atlética, na que participarán preto de 500 empregados de Correos. Unha delegación de Correos e de representantes do mundo do atletismo explicoulle ao alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, os pormenores desta carreira.

A delegación estaba composta polo xerente de Correos da zona de Galicia, Asturias e Castela e León, Celso Gómez; polo responsable da División de Oficinas de Madrid de Correos, Luis Carlos López; polo presidente e vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillo e Alberto Torreiro; polo delegado en Santiago da Federación, Iván Sanmartín; polo seu presidente honorífico, Sergio Vázquez; e polo ex atleta José Luis González.

Compartir: