MEDIO AMBIENTE

Unha nova exposición amosa o contorno verde de Compostela

17/04/2007 O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acollerá ata o 30 de abril unha nova exposición que recolle fotografías sobre o contorno verde da cidade. A mostra, obra de Sonia Iglesias, foi inaugurada polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, na compaña das concelleiras de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano, e de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez.

A exposición, titulada "Compostela verde", presenta 35 fotografías, nas que se reflicten distintos aspectos que teñen que ver coa natureza en Compostela. Dende espazos verdes a unha simple flor, as instantáneas recollen a vocación verde e sostible da cidade.

Compartir: