COMERCIO

O alcalde percorre varias rúas da cidade, deténdose en distintos comercios, na primeira xornada de Prima 22

09/06/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado de representantes das asociacións comerciais, e de distintos membros da Corporación Municipal, realizou un percorrido pola cidade histórica e polo Ensanche, con motivo da festa do comercio local Prima 22, que comezou hoxe e se prolongará ata o vindeiro sábado, 11 de xuño, nos distintos barrios de Compostela.

Impulsado polo Concello de Santiago, este evento pretende animar á cidadanía a consumir no comercio local e ven acompañado dunha serie de actuacións e actividades programadas ao aire libre. O alcalde destacou "o extraordinario nivel de colaboración por parte dos comerciantes" e o "magnífico ambiente na rúa", cunha climatoloxía que recoñece, "acompañou". Tanto Sánchez Bugallo, como o presidente de Comercio Punto Compostela, José Antonio Seijas, resaltaron a a continuidade dun evento que comezou como algo puntual, en plena pandemia, co Prima 20, que se vai consolidando, xa que sinala o rexedor, "cada vez temos máis nivel de participación e aceptación".

O alcalde recoñeceu e agradeceu as iniciativas "que en paralelo están adoptando as asociacións de comerciantes" e os propios comercios que, engadiu, "reforzan esta celebración". José Antonio Seijas destacou a colaboración entre o Concello e as asociacións "para que esto se levase a cabo". "Ao final", continuou, "o que queremos é que a xente saia á rúa", e que "o comercio funcione, porque sen comercio non hai cidade".

Desde mañá e ata o vindeiro sábado, os comercios locais saíran ás rúas para achegar os seus produtos e servizos aos transeúntes que poderán tamén gozar dun intenso programa de actividades en diversas zonas da cidade, cubrindo toda a Zona Vella, Ensanche, San Pedro, Concheiros, As Fontiñas e Conxo.

Así, esta edición do Prima 22 contará no seu programa con pasarrúas, animacións musicais, concertos, teatro, cabezudos, percusión, música tradicional e cabaré de circo que se completará con obradoiros de artesanía de acibeche e ourivería, impartidos polos mestres artesáns Ourives de Compostela, Soledad Mato, Ricardo Rivas, Adonis Suárez e Manuel Tojo.

Trátase da terceira edición dunha festa que, nas dúas pasadas edicións, conseguiu movilizar e dinamizar as compras, con moi boas impresións por parte de cidananía e comerciantes.

#EuMercoAquí

Con esta iniciativa o Concello tamén prentende impulsar a marca do comercio de Santiago "Eu Merco Aquí", e faino ligado a estas festas para afianzar o seu compromiso co comercio local. No marco da festa Prima22, o Concello distribuirá bolsas coa imaxe da campaña #EuMercoAquí que se entregarán de balde ao comercio local a través das asociacións de comerciantes da cidade. Para contar con este agasallo, debe dirixirse a calquera delas: CCA Comercio Punto Compostela, CCA Santiago Centro, CCA Compostela Monumental, Asociación Em Rede, Ourives de Compostela, Asociación de Comerciantes de Área Central e Asociación de comerciantes do Barrio de San Pedro.

Partindo da idea de que cómpre un esforzo conxunto para que o comercio aflore, este ano escolleuse a flor como elemento representativo da festa, polo que o Concello propón aos comerciantes que, con total liberdade creativa, adorne o seu negocio con flores tanto no escaparate como na fachada.

Direccións relacionadas

Compartir: