DEPORTES

Máis de 100 deportistas participarán este domingo no I Open Cidade de Santiago de Marcha Nórdica

06/05/2022 Este domingo 8 de maio terá lugar o I Open Cidade de Santiago de Marca Nórdica, unha proba organizada pola sección de Marcha Nórdica do Club Vía Láctea coa colaboración do Concello de Santiago e da Federación Galega de Montañismo. O evento coincide co Día Mundial da Cruz Vermella, polo que unha parte do importe da inscripción será destinado a este organismo.

O I Open Cidade de Santiago, que abre o calendario de Campionatos galegos de Marcha Nórdica da FGM, contará coa participación de 103 persoas inscritas. O percorrido arrancará ás 10:30 h na Alameda de Santiago e rematará ás 13:00 h no mesmo emprazamento. Previamente levarase a cabo unha clase de iniciación gratuita de 09:00 a 10:00 h, para todo aquel que teña curiosidade en achegarse a esta modalidade deportiva.

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; o vogal de Marcha Nórdica da Federación Galega de Montañismo, Xan Ramírez; e o presidente da asamblea da Cruz Vermella de Santiago, José Luis Barreiro, encargaranse da entrega de trofeos na categoría absoluta e as subcategorías ás 14:00 horas.

Ademáis a data coincide co Día Mundial da Cruz Vermella, polo que se dedicará unha parte do importe da inscrición a este organismo, que tamén estará presente aportando voluntarios e unha ambulancia, así como levando a cabo a venda dos seus boletos do sorteo do Ouro, a sua maior fonte de ingresos.

Promoción da Marcha Nórdica
Este campionato pretende dar visibilidade a un deporte emerxente como é a Marcha Nórdica con bastóns, que ademáis de ter múltiples beneficios para a saúde, pódese practicar a calquera idade, en distintas intensidades e sen requerir ningún tipo de condición física.

Ademáis tamén se quere cubrir a necesidade que teñen os marchadores/as profesionais galegos/as para poder competir na nosa comunidade e non ter que desprazarse a outras comunidades, o cal ten un coste añadido que non todos poden asumir. A motivación a entrenar nesta modalidade deportiva é maior conseguindo cada vez máis marchadores/as galegos.

Horarios
Os horarios son os seguintes:

8:30 h a 9:30 h - entrega de dorsais.
9:00h a 10:00 h - clase gratuíta básica de Marcha Nórdica e sorteo de agasallos.
10:20 h - chamada a todos os participantes a achegarse a línea de saída para charla técnica
10:30 h - saída dos competidores e chamada a línea de meta dos populares
10:35 h - saída dos populares
13:30 h - fin da proba
13:40 h - entrega dos agasallos sorteados con anterioridade
14:00 h - entrega de trofeos a categoría absoluta e as subcategorías.

Compartir: