INFRAESTRUTURAS

Todo listo para o comezo das obras de urbanización da Rúa Nova de Abaixo

16/04/2007 A partir do mércores 18 de abril e durante 45 días, quedará cortado o tráfico na Rúa Nova de Abaixo. Comezan así as obras de urbanización desta rúa, que seguirá o modelo estético e funcional das últimas rúas reformadas no Ensanche, como Xeneral Pardiñas ou República do Salvador.

As obras afectarán a toda a rúa, entre a Praza de Vigo e Montero Ríos. Gañarase terreo para as beirarrúas, de xeito que non haberá espazo de carga e descarga entre Santiago del Estero e e a confluencia co Montero Ríos. Estas zonas habilitaranse nas proximidades da Praza de Vigo e na propia Montero Ríos.

A Concellaría de Tráfico xa comunicou a ordenación do tráfico, e a Xunta de Goberno adxudicou as asistencias técnicas para a coordinación de seguridade e saúde e para a dirección facultativa das obras.

Subministro e saneamento

Dentro dos acordos da Xunta de Goberno destaca tamén o subministro de tres lotes de elementos deportivos e de xogo para o Parque da Constitución. En total, terán un custo de 147.900 euros.

Ademais, aprobáronse proxectos de obras de saneamento en Rebordaos (Son de Abaixo), por 59.958 euros, e en Ponte Sarela, por 12.347 euros. En materia de abastecemento, executaranse actuacións en Agra dos Campos (Os Abetos-Aríns), por un importe de 36.904 euros, e en San Miguel dos Agros, por 20.567 euros.

Finalmente, ratificouse o orzamento e o inicio da expediente de contratación de obras de ampliación de instalacións de alumeado público en San Xoán de Fecha (enlace Vilas estrada xeral-Ponte Vilar), Carballal e Cesar, así como a instalación de iluminación nas escaleiras de Domingo Andrade. Todas estas obras suporán un investimento de 34.359 euros.

Compartir: