ORZAMENTOS

Aprobados definitivamente os orzamentos do 2005

20/05/2005 O Boletín Oficial da Pronvicia publica hoxe, 20 de maio, o resumo por capítulos dos orzamentos e o cadro de persoal do ano 2005.

Os orzamentos municipais e o cadro de persoal para o ano 2005 obtiveron o visto bo do pleno municipal celebrado o luns 11 de abril, quedando así aprobados inicialmente. Coa publicación hoxe, 20 de maio de 2005, no BOP, os orzamentos quedan aprobados definitivamente.

Os orzamentos do presente ano teñen un carácter redistribuidor, posto que, segundo sinalou no seu momento o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, barrios e zonas rurais centran os investimentos. Os orzamentos para o 2005 teñen unha estimación de ingresos de 90.146.226 de euros e de 85.646.256 euros no capítulo de gastos.

Estas cantidades supoñen un 9% menos respecto dos orzamentos do ano 2004, en parte debido á aportación extraordinaria que supuxo o Ano Xubilar a través do Consorcio de Santiago, e en parte polo descenso das cotas de urbanización de construccón nos novos polígonos que se achegaban a través da sociedade municipal de vivenda, Emuvissa.

Compartir: