EDUCACIÓN

Aprobados os prazos para o acceso á Escola Municipal de Música

16/04/2007 O Goberno local aprobou os prazos de reserva de praza, de solicitude de admisión de novo alumnado e de matrícula na Escola Municipal de Música. Tamén se estableceu o procedemento a seguir polos interesados.

O alumnado actual do centro poderá reservar a súa praza do 23 de abril ao 11 de maio. Nese caso, a matricula formalizaraa do 21 de maio ao 1 de xuño. No caso do novo alumnado, as solicitudes presentaranse do 21 de maio ao 8 de xuño, e a matricula realizarase entre o 18 e o 28 de xuño. As listas públicas de admisión estarán expostas a partir do 15 de xuño.

Os interesados deben entregar a solicitude na Escola Municipal de Música en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou un orzamento de 47.313 euros para a realización de obras de albanelería, colocación e reparación de persianas en varios centros de educación infantil e primaria dependentes do Concello. Acordouse deste xeito abrir o proceso de contratación.

Compartir: