ALCALDÍA

Homenaxe a Anxo Guerreiro no Teatro Principal

14/04/2007 A Fundación 10 de Marzo realizou unha homenaxe a Anxo, na que se recordou o seu papel na loita contra o franquismo, na consecución do Estatuto de Autonomía de 1981 e mesmo coma deputado e analista político.

O acto celebrouse no Teatro Principal e contou con diversas intervencións, abertas polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pechadas pola presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino. A continuación interveu o homenaxeado, Anxo Guerreiro. Tamén asistiu ao acto o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

A celebración institucional completouse cun xantar, e terá unha terceira parte coa edición dun libro que recollerá a traxectoria de Guerreiro e unha selección das súas intervencións parlamentarias e nos medios de comunicación.

Compartir: