ALCALDÍA

O Concello recibe a visita dos embaixadores árabes en España

14/04/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ofreceu unha recepción a unha delegación de embaixadores de distintos países árabes en España.

O acto comezou co saúdo da Corporación aos embaixadores no Salón Amarelo. A continuación, no Salón Nobre, o alcalde compostelán dirixiu unhas palabras aos invitados, aos que lles entregou un obsequio. En nome dos embaixadores interviu o seu decano, o Príncipe Saud de Arabia Saudí.

A delegación asinou no Libro de Honra da cidade. Máis tarde, o alcalde de Santiago ofreceulles un xantar no Hostal dos Reis Católicos.

Pola delegación de embaixadores acudiron, ademais do Príncipe Saud, Mohammed Haneche (Arxelia), Yasser Morad (Exipto), o sultán Mhd. Al-Qortasi Al-Noaimi (Emiratos Árabes Unidos), Talal H. Al-Khudair (Iraq), Abdul Wahed Ramada Gammudi (Libia), Makram Obeid (Siria), Siddig M. Abdalla (Sudán), Hassine Bouzid (Liga Árabe), Habib M’Barek (Túnez), Xeque Hilal Marhoon Salim Al-Maarary (Sultanato de Omán), Abdulrahman M. Kamarani (Yemen) e Musa Amer Odeh (Palestina).

Compartir: