PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica entregou os diplomas dos seus cursos

13/04/2007 O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, entregou os diplomas dos cursos de formación ocupacional do Plan FIP (Formación e Inserción Profesional) e Experimentais impartidos pola Concellaría de Promoción Económica no ano 2006 e cofinanciados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Oitenta persoas, entre profesores e alumnos inscritos nas distintas actividades formativas asistiron ao acto celebrado no Salón Vermello do Pazo de Raxoi.

A través destes cursos, no 2006 impartíronse 3.580 horas lectivas. Formáronse aproximadamente 240 alumnos (15 por curso). Desta cantidade, 195 eran desempregados e 45 ocupados. Se se suman as actividades formativas incluídas noutros proxectos de inserción laboral cos que conta a Concellaría de Promoción Económica e Emprego (Equal Compostela Social, Proxecto Persoa e Proxecto Crear), o ano pasado a través deste departamento formáronse 600 persoas e impartíronse 5.000 horas lectivas. Para facilitar o acceso ao mercado de traballo, os cursos destinados a desempregados contemplan prácticas en empresas e titorías de inserción laboral.

Os diplomas entregados correspondían aos cursos de formación ocupacional para titulados universitarios desempregados, aos cursos de formación ocupacional para mulleres, aos cursos FIP e experimentais, ás accións formativas experimentais e complementarias e á formación ocupacional para ocupados.

Compartir: