CIDADES PATRIMONIO

San Cristóbal de La Laguna acolle a celebración da Asemblea de alcaldes e alcaldesas do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade

17/03/2022 A Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, celébrase en San Cristóbal de la Laguna o vindeiro sábado 19 de Marzo, coa asistencia do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Á reunión, que se celebrará ás 10,00 horas no Antigo Convento de Santo Domingo, asistirán os alcaldes e alcaldesas das 15 cidades membros desta entidade sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública que reúne ás cidades españolas cuxos centros históricos foron inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Forman parte da Asemblea de alcaldes e alcaldesas: Don Javier Rodríguez Palacios, Alcalde de Alcalá de Henares; Don Jesús Manuel Sánchez Cabrera, Alcalde de Ávila; Dona Dolores Marín Torres, Alcaldesa de Baeza; Don Luís Salaya Julián, Alcalde de Cáceres; Don José María Bellido Roche, Alcalde de Córdoba; Don Darío Dolz Fernández, Alcalde de Cuenca; Don Rafael Ruiz González, Alcalde de Ibiza/ Eivissa; Don Antonio Rodríguez Osuna, Alcalde de Mérida; Don Carlos García Carbayo, Alcalde de Salamanca; Don Luís Yeray Gutiérrez Pérez, Alcalde de San Cristóbal de la Laguna; Don Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela; Dona Clara Luquero Nicolás, Alcaldesa de Segovia, Don Pau Ricomá Vallhonrat, Alcalde de Tarragona, Dona Milagros Tolón Jaime, Alcaldesa de Toledo; e Dona Antonia Olivares Martínez, Alcaldesa de Úbeda.

Actividades previas do venres 18 de Marzo

A Comisión de Patrimonio do Grupo, presidida polo alcalde da La Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, reúnese o venres ás 12 da mañá no antigo Convento de Santo Domingo, coa participación dos concelleiras e concelleiras do Grupo. A continuación, ás 13.30 horas, celebrarase un encontro do presidente do Cabildo de Tenerife, Pedro Martín Domínguez.

Xa pola tarde, a partir das 17 horas, reunirase a Comisión Executiva do Grupo, presidida polo alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo. Nesta reunión preparatoria da Asemblea do día seguinte participan os alcaldes de San Cristóbal de la Laguna; Santiago de Compostela, Segovia e Mérida.

Posteriormente, terá lugar a recepción ao presidente do Gobierno de Canarias, Ángel Víctor Torres, no Salón de Plenos do Concello de La Laguna, que participará na foto de familia cos alcaldes e alcaldesas do Grupo, na Torre de La Concepción.

A Asemblea Xeral do Grupo, presidida polo alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, comezará o sábado ás 10:15 da mañá no Salón de Cristal do antigo Convento de Santo Domingo, tras a foto de familia no Jardín del Drago, un parque con importantes valores patrimoniais. Ás 12 da mañá, o presidente do Grupo, xunto á Executiva, explicarán en rolda de prensa os acordos adoptados na Asemblea.

Compartir: