XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local adxudica a renovación da área de xogos infantís do parque Alfredo Vicenti, en Lamas de Abade

14/03/2022 A Xunta de Goberno Local acordou adxudicar o contrato de subministración e instalación de elementos novos para a renovación da área de xogos infantís do parque de Alfredo Vicenti, á empresa "Juegos Kompan, SA", por un importe de 77.883,30 euros. Tamén se aprobou o proxecto "estratexia de infraestrutura verde para Santiago de Compostela. Entre Sar e Sarela". Dos acordos adoptados na reunión do executivo municipal deu conta, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

O obxectivo da renovación da área de xogos infantís do parque de Alfredo Vicenti, situado en Lamas de Abade, é contar cunha área de ocio para a cativada, nunha zona cun uso elevado dos espazos de lecer ao estar rodeada de varios bloques de vivendas. A superficie de xogo establécese nun mínimo de 325 metros cadrados e un máximo de 526. En canto a superficie total da acutación é de 604 metros cadrados.

O contrato contempla a renovación e ampliación do parque infantil entendido como unidade de actuación, subministrando e instalando os xogos e o mobiliario necesario. A proposta presentada pola empresa adxudicataria presenta una forma orgánica de deseño, pararela a rúa, baseado no concepto de equilibrio con coherencia cromática co entorno. Mantén os xogos actuais, reparando os elementos e pezas desgastadas polo uso, á vez que introduce xogos adaptados a distintas edades e condicións físicas. Os novos elementos propostos son o un circuíto de redes multifunción, unha barra de equilibrios, un carrusel inclusivo e un carrusel individual.
Os xogos presentan unha resistencia alta ao uso, facilidade de limpeza alta e alto nivel de reciclabilidade. Como pavimento, proponse céspede artificial amortiguante, e un valado metálico en tornos verdes, que se completa cunha fonte, papeleira e bancos de cor de polietileno. A maiores, compromete unha ampliación de prazo de garantía obrigatorio de 5 anos.

Ademais, aprobouse o gasto do expediente denominado "Prestación do servizo de Revisión do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). Actuacións incluídas no Programa EDUSI 2017-25, cofinanciado polo Concello de Santiago e os fondos FEDER" e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto, establecéndose un tipo de licitación de 199.981,62 euros. É a segunda vez que se inicia de novo este expediente, que explicou o alcalde, quedou deserto recentemente. Agora, modifícanse as condicións, e xa non se van solicitar técnicos con dedicación exclusiva, xa que foi un dos escollos da anterior licitación. Sánchez Bugallo lembrou que o plan actual é de 2011 e que se precisa un novo "adaptado ás novas circunstancias e coherente coa axenda 20/30".

Este proxecto está cofinanciado polo PO FEDER 2014-2020 nun 80 % dentro do OT 9 da EDUSI "RE-VIVE". Esta actuación forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Santiago (EDUSI Santiago) cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 nun 80% sendo o 20% restante con cargo a dotación económica municipal.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou, explicou o alcalde, "un desglose" solicitado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, do proxecto de "Estratexia de Infraestrutura Verde para Santiago de Compostela – Entre Sar e Sarela", que xa lle fora presentado, segundo informou Sánchez Bugallo, polo que agora se lle envía a "distribución por anualidades".

Para este proxecto contémplase un gasto inicial de 4.966.455 euros, para 2022, 2023, 2024 e 2025, dos que 1.067.170 serían de financiamento propio. O procedemento regulado na Orde TED/1018/2021, do 20 de setembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións da Fundación Biodiversidade, F.S.P., para fomentar actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de ciudades españolas, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, contempla, en caso de concederse o proxecto, unha axuda a ravés dos fondos Next Generation de 3.899.275 euros. Segundo explicou o alcalde, este proxecto enmárcase dentro da "estratexia verde" do Concello de Santiago e, continuou, "ía desglosado en diferentes actuacións, de tal maneira que, segundo o que se nos adxudique, así o executaremos".

Tamén se aprobou o expediente denominado "Servizo de Asistencia de Actividades de Comunicación e difusión", do proxecto SMARTIAGO cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirexional de España (POPE) 2014-2020 e nun 10% pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) "e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto, establecéndose un tipo de licitación de 47.108,07 euros, IVE engadido.

E acordouse, ademais, a renovación para o ano 2022 de 8 titulares de postos de venda ambulante de artesanía, e un de venda ambulante de tempada (xeados e castañas)

Licenzas
A Xunta de Goberno Local acordou conceder á Consellería de Sanidade licenza para o proxecto básico de reforma do Centro de Saúde e unidade mental de Conxo, situado na Praza Martín Herrera 2, que conta cun orzamento de execución material de 2.604.347,52 euros. A intervención ten por obxecto o mantemento das condición de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade da edificación.

Tamén se acordou conceder á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria licenza para a rehabilitación integral do CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, cun orzamento de execución material de 457.514,72 euros.

A maiores, aprobouse a licenza de obras de reforma e ampliación da edificación situada na rúa Gómez Ulla, 2, que se vai destinar a hotel e aparcamento. Conta cun orzamentos de execución material de 4.500.000 euros. O proxecto contempla 10 plantas, catro baixo rasante e seis sobre rasante, cunha superficie construída de 9.432,94 metros cadrados, unha ocupación en planta de 1.730,01 metros cadrados e unha altura de 15,75 metros.

Concedeuse, ademais, licenza de obra nova para a construción dunha nave comercial e oficinas na rúa Estremadura, 3, cun orzamento de execución material de 908.253,84 euros. O proxecto de edificación conta con dúas plantas, unha superficie construída de 1.713,03 metros cadrados, unha ocupación en planta de 1.059,07 metros cadrados e unha altura de 8,80 metros.

Documentos relacionados



Compartir: