DEPORTES

Mañá abrirase o prazo de inscrición para a VI edición da carreira nocturna SantYaGo 10K

11/03/2022 A partir de mañá, día 12 de marzo, todas aquelas persoas intersadas poderán inscribirse para participar na carreira nocturna SantYaGo 10 K que se celebrará o día 30 de abril ás 22:00 horas. Esta carreira nocturna homologada pola Federación Española de Atletismo e que conta coa colaboración do departamento de Deportes do Concello de Santiago, percorrerá as rúas máis emblemáticas da cidade, con saída en San Francisco e chegada á praza do Obradoiro, con máis do 50% do seu circuíto na súa zona monumental.

A concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, acompañada do presidente do Club de Atletismo Fontes de Sar, de José A. Juanatey, e do delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Ivan Sanmartín, presentou esta mañá en rolda de prensa os detalles da VI edición da carreira nocturna SantYaGo 10K, que se celebrará en Compostela o vindeiro 12 de marzo ás 22.00 horas. Este ano agárdase acadar o límite máximo de 2.500 participantes.

Incluída no circuíto de carreiras Patrimonio da humanidade, este ano a carreira apoia o deporte inclusivo colaborando con ENKI, asociación que traballa pola inclusión das persoas con diversidade funcional, con especial atención aos menores, a través da práctica da cultura física e deportiva non competitiva. Con este fin, os rexistrados á carreira poderán realizar un donativo que irá destinado ao 100% á devandita asociación e cuxo fin é financiar a compra de cadeiras de rodas adaptadas.

Como en anteriores edicións, a SantYaGo está orientada ao corredor popular, que vén a Santiago a gozar e coñecer a cidade facendo deporte. Mantendo o seu carácter lúdico, o este evento deportivo tamén contará cunha variedade de actuacións en directo ao longo de todo o percorrido, e unha serie de sorteos destinados aos rexistrados e voluntarios. A concelleira animou a todo ao mundo a unirse á carreira e "coñecer Santiago percorrendo as súas rúas" xa que é un "verdadeiro luxo, cun toque máxico".

Inscrición
Para inscribirse haberá dous prazos: ata o 31 de marzo, cun prezo de inscrición de 10€; e do 1 ao 24 de abril, que pasará a 12€. As inscricións deberán realizarse a través da páxina web 2022.santyago10k.run.

Historia da proba
SantYaGo10k naceu en 2015 da man do Club de Atletismo Fontes do Sar que, logo de participar en ducias de carreiras en toda España, deseñou unha cita pensando nos corredores populares e tomando os mellores detalles dunha multitude de probas de todo tipo.

SantYaGo10K conta co apoio do Concello de Santiago e o Multiusos Fontes do Sar/Complexo Deportivo de Santa Isabel. Tamén colaboran na carreira diferentes empresas e entidades como Cenor, Bétula Cars, Centro Deportivo…

Direccións relacionadas



Compartir: