CENTROS SOCIOCULTURAIS

Entrega dos premios aos gañadores do concurso "Disfraces na Rede"

10/03/2022 O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández; e o responsable de Educación, Rubén Prol, entregaron esta tarde, no Centro Sociocultural de Santa Marta, uns agasallos para premiar as propostas gañadoras da segunda edición do concurso de "Disfraces na Rede". Na categoría infantil o primeiro premio foi para o disfrace "As dúas Marías"; e na modalidade familiar para o difrace "Baixo o mar".

O concurso de "Disfraces na rede", organizado pola rede de Centros Socioculturais, consistiu en enviar fotos, tanto de nenos e nenas, como de familias disfrazadas. As 39 imaxes recibidas entre o 12 de febreiro e o 26 de marzo etiquetáronse cos cancelos #NoEntroidoPretodeTI #CentrosSocioculturaisPretodeTI e subíronse ás redes sociais dos centros. A maioría delas, 33, concursaban na categoría infantil.

Todas as imaxes subidas recibiron, en total, 1.482 "gústame" ou "encántame". Escolléronse tres premiados por categoría. Na modalidade de infantil a primeira clasificada foi "As dúas Marías", con 222 "gústame"; a segunda, a pequena disfrazada de Cincenta, con 57 votos; e no terceiro posto quedou, con 53 "gústame", unha parella con persoaxes da senda mitolóxica.

Na categoría familiar, "Baixo o mar", recibiu 293 "gústame", clasificándose en primeiro lugar. O segundo premio foi para unha familia de fadas e flores con 200 votos; e o terceiro para a familia disfrazada con persoaxes da senda mitolóxica, que obtivo 84 apoios.

O programa da rede de Centros Socioculturais para este entroido contou con máis actividades, entre elas o "Meco na casa manda", ou "o Entroido nos Barrios". Este ano a temática escollida foi o mundo romano, baixo o título ""Os trescentum de Asseconia".

Compartir: