DEPORTES

Máis de 250 judokas daranse cita esta fin de semana no XIV Trofeo de Judo Cidade de Santiago

10/03/2022 A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada por Mario Muzas, presidente da Federación Galega de Judo, e Javier Rial, presidente do Compostela Judo Club. presentaron esta mañá en rolda de prensa o XIV Trofeo "Cidade de Santiago", que reunirá a 261 judokas de España e Portugal esta fin de semana en Compostela.

O Pavillón Municipal de Santa Isabel acollerá este sábado 12 de marzo a Copa de España "A" infantil, tanto na súa categoría masculina como feminina. Dará comezo as 10:00 horas e as finais disputaranse a partir das 15:30 horas. O domingo será a quenda do Campionato de Galicia Júnior Masculino e Feminino. A competición comezará ás 12:00 horas e a entrega de trofeos celebrarase a partir das 16:30 horas. O domingo polo mañá tamén terá lugar un curso de actualización de arbitraxe.

Máis de 500 persoas entre deportistas, técnicos, árbitros e delegados desprazaranse a Santiago estes dous días de deporte, nun trofeo organizado polas Federacións Galega e Española e o apoio do Concello de Santiago. A concelleira de Deportes animou á veciñanza "a achegarse esta fin de semana a Santa Isabel e disfrutar con esta disciplina que é tan vistosa".

Copa de España Infantil
Encádrase dentro do sistema de competicións nacionais, anuais e puntuables, establecido pola Real Federación Española de Judo como sistema de clasificación para o campionato de España.

Galicia participa nesta Copa de España Infantil cun total de 136 deportistas, 90 homes e 40 mulleres, dos cales 22 judokas pertencen a clubs de Santiago

Dada a importancia desta competición, a Federación Galega decidiu propoñer ao Concello de Santiago no ano 2015 como organizador desta Copa con dous claros obxectivos. Por unha banda, que Santiago fose o primeiro en organizar unha Copa de España infantil en Galicia para dar prestixio e imaxe a cidade e consolidar, difundir e promocionar este deporte na cidade. Por outra banda, para permitir que os nosos judokas máis novos compitan con deportistas de nivel nacional e internacional en Galicia co apoio do seu público.

A idea da Federación Galega e consolidar pouco a pouco este evento ata conseguir en poucos anos da RFEJYDA a cualificación de Súper Copa de España, puntuación que conséguese fundamentalmente aumentando a participación na cional e internacional.

Campionato de Galicia Júnior
Pola súa banda o Campionato de Galicia Júnior é valedoiro para a fase do sector do Campionato de España Sub 21 que se celebrará tamén en Galicia e nel participarán os mellores competidores de toda nosa autonomía da categoría júnior, masculina e feminina, categoría na que Galicia conta con varios campións de España e medallistas internacionais polo que a calidade está garantida.

Compartir: