ALCALDÍA

Concentración en silencio en solidaridade co pobo ucraíno

09/03/2022 A praza do Obradoiro acolleu esta mañá cinco minutos de silencio como mostra de solidaridade cos cidadáns de Ucraína que están sufrindo as consecuencias da agresión das tropas rusas

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou no acto, ao que tamén se sumaron outros/as integrantes da Corporación e traballadores/as municipais. Os cinco minutos de silencio pecháronse cun aplauso.

Este acto súmase a outras iniciativas lanzadas polo Concello en solidaridade co pobo ucraíno como a recollida e e envío de produtos de primeira necesidade, xestionado a través de Protección Civil Santiago. Ademais, estase traballando para abrir unha lista na que as persoas interesadas en acoller familias ucraínas, poidan apuntarse.

Declaración institucional

No pleno do pasado 24 de febreiro, o Concello de Santiago aprobou por unanimidade unha moción de urxencia de condena a agresión na que os catro grupos municipais que conforman a Corporación amosaban a "total solidaridade co pobo ucraíno. Tamén pedían un inmediato alto o fogo, a retirada das tropas rusas ao seu territorio; e o respecto ao dereito internacional, aos dereitos humanos e aos Acordos de Minsk, así como traballar pola resolución ao conflicto no marco da ONU e da OSCE. Solicitaban, ademais, o retorno á vía diplomática como única fórmula para resolver as diferenzas a acadar acordos de paz duradeiros.

Compartir: