PROMOCIÓN ECONÓMICA

O barrio de San Pedro celebra unha nova edición da súa feira comercial

12/04/2007 O sábado 14 de de abril, das 10:00 ás 20:00 horas, celébrase a Feira de San Pedro, promovida pola Comisión de Festas de San Pedro.

No mercado que se instalará na rúa de San Pedro participan uns 50 expositores. A metade pertencen a establecementos do barrio que sacan os seus produtos á rúa e a outra metade son artesáns e asociacións convidadas polos organizadores (ONGs e Asociacións de Veciños). A Feira de San Pedro é unha iniciativa da Comisión de Festas de San Pedro. Lévase a cabo dende hai tres anos, co obxectivo de promover o comercio e dinamizar o barrio.

Mentras dure a feira pecharase a rúa o tráfico e convertirase en peatonal. Nela instalaranse os distintos expositores e os hostaleiros sacarán as mesas á rúa, en terrazas improvisadas. A rúa tamén será o escenario de distintas actividades. Destaca o mercado de troco organizado por Verde Gaia, e un rastrillo organizado por A Casa Encantada. Todo isto animado con malabares, charanga, músicos de rúa (jazz), gaiteiros e o programa de dinamización sobre astronomía na rúa promovido por estudantes e traballadores da Universidade de Santiago. Sobre as 20:00 horas sortearanse catro cestas surtidas con productos donados polos comercios do barrio.

O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, explicou que se trata dunha importante iniciativa para promover o comercio do barrio de San Pedro, desenganchado das estructuras comerciais do resto da cidade. Un comercio, segundo suliñou, cunha perspectiva de futuro prometedora, por estar ubicado nunha zona de gran dinamización urbana e comercial e ser a porta de entrada dos peregrinos procedentes do Camiño Francés, a principal rota xacobea. Por iso, dixo, a Concellaría de Promoción Económica e Comercio apoia e sauda iniciativas deste tipo que apostan pola dinamización do sector comercial.

Na presentación, Xosé Manuel Iglesias, estivo acompañado por María Luisa Ríos de Lencería Luisa, Leonor Díaz, do estabelecemento Como pez en el agua e os membros da Comisión de Festas, Patricia Ramos e Vitor Lourenzo.

Compartir: