MOCIDADE

"Fest@ctiva 2007" ofrece aos mozos unha alternativa lúdica e formativa

10/04/2007 O Centro Sociocultural do Ensanche e a Praza Roxa acollerán as actividades de "Fest@activa 2007", unha iniciativa dirixida aos mozos como unha alternativa que conxuga o tempo libre e o lecer.

A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, presentou o calendario de actividades desta proposta, que se desenvolverá os venres 13, 20, 27 de abril e 11 de maio; e os sábados 13, 21 28 de abril e 12 de maio. A participación é aberta e de balde para todos os que o desexen a partir dos 16 anos.

As actividades céntranse fundamentalmente na realización de diversos obradoiros formativos. Os venres impartiranse os obradoiros de mimo, de malabares e de clown, mentres que para os sábados quedan os talleres de edición de vídeo e realización, de percusión africana e de zancos.

A programación concluirá o sábado 12 de maio con "Fest@cción", unha grande festa resumo con demostracións, animacións e concertos. Banda Potemkin, Deserve e Stratosfear serán os protagonistas musicais dun espectáculo que terá lugar na Praza Roxa a partir das 21:30 horas.

Documentos relacionados



Compartir: