CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais acollerán máis de 300 actividades de abril a xuño

10/04/2007 A concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, presentou a programación trimestral da Rede de Centros Socioculturais. Os 42 equipamentos que forman esta rede acollerán de abril a xuño máis de 300 actividades do máis diverso.

Do total de actividades, unhas 150 están destinadas a adultos, unhas 100 a nenos e outras 50 a maiores. A oferta é moi ampla, con especial atención a ámbitos como as novas tecnoloxías, a animación á lectura, as ludotecas, a axuda ao estudo, as exposicións, as excursións, o cine, a música e o teatro.

Guadalupe Rodríguez referiuse á variedade das propostas, que responden ao lema da Rede de Centros Socioculturais: "De todo para todos". Neste sentido, ademais de repasar as actividades previstas, lembrou que nos centros tamén se prestan outros servizos, como as prestacións sociais ou a cesión de espazos para máis de 100 colectivos da cidade.

Guía

A concelleira anunciou que pronto chegará aos fogares composteláns unha guía cos centros socioculturais, co obxectivo de que os cidadáns coñezan estes 42 equipamentos e os servizos que ofrecen. Estes centros xeran cada ano una importante actividade, como o demostra o feito de que en 2006 pasaran ata 100.000 usuarios por un espazo como o de Fontiñas, 70.000 polo de Vite ou 40.000 polo de Conxo. E dende a súa recente inauguración, están a pasar polo centro do Ensanche uns 5.000 usuarios mensuais.

O equipo humano desta rede fórmano 100 persoas. Unha idea da intensa actividade da Rede de Centros Socioculturais ofrécea o feito de que xera case a metade do trámite administrativo do Concello, segundo indicou o responsable da Rede, Enrique Vázquez.

Compartir: